Saturday 04 de May de 2024

A Casa das Ciencias celebra a consecución dunha estrela dedicada a Rosalía de Castro


A Agrupación Astronómica Ío, que promoveu a campaña para que a escritora obtivese este recoñecemento, organizou un acto en que se confirmou a boa nova, que permitirá que as persoas afeccionadas á astronomía e a literatura atopen un lugar de encontro, tal e como explicou o director dos Museos Científicos, Marcos Pérez

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, asistiu ao acto que organizou a Asociación Astronómica Ío na Casa das Ciencias, en que se confirmou que a estrela HD 149143 e o seu exoplaneta HD 149143 levarán o nome de Rosalía de Castro e do río Sar sobre o que tanto escribiu. A súa consecución vén logo dunha campaña promovida polo colectivo e a Fundación Rosalía, polo que o edil agradeceulles ás persoas e institucións que se involucraron para que se materializase esta “noticia marabillosa porque de todas as candidaturas que había para esta convocatoria, a de Rosalía era a mellor”, afirmou o director dos Museos Científicos, Marcos Pérez.
O responsable sinalou que isto fará conectar ámbitos aparentemente distintos como son a poesía e a astronomía “a través dunha escritora que non só é relevante no panorama galego, senón que é referente da literatura universal”, e que escribiu moito sobre a natureza, o ceo estrelado, a paisaxe da noite e as emocións. Pérez afirmou tamén que unha parte importante dos seus textos versan sobre o firmamento “e o que fai espertar este nos seres humanos” e felicitou a Ío e á Fundación Rosalía de Castro “por poñer en marcha esta iniciativa que permitirá que moita xente afeccionada á astronomía e á literatura atope un lugar de encontro en
Nota de Prensa

que a presenza do ceo estrelado e de Rosalía teñan moito máis sentido do que xa tiñan ata agora”.
A súa consecución fíxose pública durante unha rolda de prensa convocada en París pola IAU, onde se anunciaron os resultados da iniciativa Name ExoWorlds, lanzada pola organización científica con motivo do seu centenario, e en que participaron máis de 110 países.